CRTVG

Buscar

Veciños de Bértola, en Vilaboa, quéixanse das prácticas sexuais nunha área de descanso da AP-9

Publicado o 10/01/2018 14:23

Púxose de moda para encontros sexuais, e parece que hai movemento a diario. Os veciños desta área de descanso da AP-9 quéixanse de que os amantes fan estragos na zona.

Nesta área de descanso da AP-9, á altura de Bértola, teñen lugar encontros sexuais a diario, feito que se intensifica as noites e as fins de semana. A súa proximidade a un xeriátrico e ás casas fixo que os veciños puxeran varias denuncias e mesmo se reuniran coa subdelegada do Goberno na busca de respostas ao problema.

O valo metálico que separa a autoestrada do terreo municipal xa o romperon en múltiples ocasións, provocando que as prácticas sexuais chegaran ao terreo veciñal e mesmo aproveitaran un depósito de auga para levalas a cabo, polo que a empresa que xestiona a AP-9, Audasa, tivo que colocar un torno para impedir o acceso de animais e salvagardar o valado, accións que tanto dende a alcaldía coma dende os propios veciños consideran insuficientes. 

Ademais, as fontes aseguran que existe un pensamento xeneralizado de que na zona teñen lugar outro tipo de intercambios non lícitos, que serían os verdadeiros causantes dos estragos no valado. 

Polo de agora, os veciños seguen á espera de medidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2018