Veciños de Baldaio esixen unha solución urxente ás inundacións na contorna da lagoa
Publicado o 17/02/2020 14:34
É a imaxe que presenta estes días a lagoa de Baldaio e a súa contorna. Desde hai oito días, tres viúvas, unha delas con mobilidade reducida, que viven soas en tres destas nove casas, están incomunicadas.
Se queren saír de aquí, a pé porque en coche xa non poden, non lles queda outra que saltar este muro que comunica co Cámping de Baldaio.
E no Cámping, agora pechado por reformas, a auga xa chega á porta. E prexudicados tamén son os mariscadores.
Agora, co medo a que a auga siga medrando, esixen unha solución urxente para este lugar que cualifican como un dos de maior interese natural de Galicia.