CRTVG

Buscar

Veciños das zonas rurais do concello de Ourense quéixanse da falta de servizos

Publicado o 18/10/2021 14:27

Nos núcleos rurais do concello de Ourense teñen problemas peores que as visitas dos xabarís. Denuncian a escaseza ou precariedade de servizos básicos como a cobertura, o saneamento ou a limpeza dos camiños.

Carme é veciña da zona da Borraxeira, en Mende. É unha das afectadas pola falta de saneamento. Elías ten unha vivenda na cima de Mende, tamén sen saneamento, aínda que o principal problema di que son os cheiros que proceden destas verteduras.

É quizais o problema máis difícil de solucionar din, pero non o único. Fochancas coma estas complican a circulación en varias rúas. Son problemas que se repiten noutras zonas do rural.

Din que é unha situación que se dá a tan só uns quilómetros do centro da cidade. Séntense discriminados con respecto aos veciños do centro e piden por fin o abandono que din padecen dende hai anos.

Noticias web

18/10/2021