Os veciños das Gándaras, desesperados pola progresiva ocupación das casas do barrio
Esta é unha das oito casas ocupadas que hai no barrio das Gándaras de Lugo. Son imaxes desta mañá. Tírannos un líquido e amezan con botarnos lixivia.
"Eles están dentro e nada..., o outro día fixemos unha manifestación e eles puxéronse a bailar; puxeron un letreiro mandándonos á merda e punto, temos medo".
A pouca distancia desta casa está a que lle ocuparon a Margarita. Era dun primo que morreu. De camiño, amósanos como, segundo nos conta, deixaron o coche do seu primo.
"...Da TVG, podedes saír un momentiño?", "Non, que sacades o que queredes".
Margarita non se sente defendida polo sistema.
Margarita Regueira, herdeira dunha casa ocupada: "Eu non sei como o Goberno, os políticos, os asistentes sociais non fan nada".
"Eu non sei o que fan os bancos cos pisos que lle collen á xente, que llos dean a esta xente os servizos sociais, que llos dean a esta xente".
Margarita ten medo, o mesmo ca outros veciños do barrio.
"Destes non se pode esperar nada, a xente está atemorizada, somos un barrio humilde que fixemos unha casiña con moitos esforzos durante toda a vida".
"Os veciños aquí viven todos con medo; é xente maior, en inverno ás seis da tarde xa está todo pecho. Nunha das casas ocupadas hai unha veciña pegada aos xitanos e ten moitísimo medo".
"Ocuparon a propiedade dunha rapaza cun irmán discapacitado e estano pasando mal".
Daniel Esteve, propietario dunha empresa que fai 'desocupacións' comprometeuse a botarlle unha man de balde a Margarita para botar os que invaden a súa propiedade. Mentres non chegan solucións, veciños e propietarios desespéranse vendo como os intrusos non só ocupan as sús vivendas, senón que derraman canto atopan nelas, segundo nos din.