Veciños da zona vella de Ourense piden máis control sobre as terrazas polos ruídos
Publicado o 20/09/2021 15:03
Jesús marcha temporadas para a aldea ante a imposibilidade de durmir na vivenda que ten na zona vella de Ourense.
Piden máis controis para evitar botellóns e pelexas, pero tamén para que os locais cumpran cos horarios e cabidas, sobre todo nas terrazas. Esta fin de semana, a Policía Local denunciou un por ter mesas de máis.
Os hostaleiros entenden a queixa dos veciños, pero din que as terrazas foron a súa salvación e seguen a ser o máis demandado.
Ourense está pendente dunha ordenanza de veladores que intente unir os intereses duns e doutros.