CRTVG

Buscar

Veciños da zona vella de Ourense denuncian ruídos e vandalismo

Publicado o 27/08/2019 14:32

Os veciños da zona vella de Ourense din que xa non poden máis: reclaman a fin dos ruídos e o seu dereito ao descanso.

Se a situación non é sinxela o resto do ano, todo empeora, din, durante o verán. As vacacións e o bo tempo enchen os pubs e as rúas de xente ata ben entrada a noite calquera día da semana. Nin sequera, din, poden abrir as fiestras polas noites para refrescar as casas.

Fartos de padecer esta situación, os veciños das rúas Pena Corneira, Cabeza de Manzaneda e a praza do Correxidor, decidiron constituírse en asociación e reclamarlles ás administracións medidas para paliar os ruídos e o vandalismo na zona.

Os afectados presentaron xa varias reclamacións no Concello polos ruídos que padecen baixo as súas vivendas. Polo de agora, din, non tomou ninguén medidas para darlles unha solución.

Noticias web

27/08/2019