CRTVG

Buscar

Veciños da Ronda de Nelle, na Coruña, quéixanse de que non poden durmir polo ruído dun bar

Publicado o 14/01/2019 14:26

Tres veciños da Ronda de Nelle, da Coruña, quéixanse de que non poden durmir como é debido polo ruído que se produce no negocio que hai no baixo. A propietaria do bar e o dono do local negan tal extremo e aseguran que cumpren coa normativa.

Alberto e outros dous veciños que se presentan como prexudicados por ruídos a deshora no baixo comercial do seu edificio na Ronda de Nelle, na Coruña, din que se senten agobiados pola situación que viven desde xullo pasado. Explica que se senten impotentes porque se queixaron no Concello e tamén chamaron en numerosas ocasións a Policía Local e, segundo di, todo segue igual.

A dona do bar contounos que tivo máis de vinte inspeccións da Policía Local e ningunha sanción, porque di, cumpre a normativa. Explica que pode abrir ata as tres da mañá a diario e tres e media na fin de semana e nega que no seu local se produzan ruídos que poidan molestar os veciños de enriba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019