CRTVG

Buscar

O concello de Vigo arranxa a fochanca de Freixeiro, despois da celebración do seu aniversario

Publicado o 10/01/2019 21:57

Operarios do concello de Vigo arranxaron esta mañá a fochanca do Freixeiro, despois de que onte os veciños celebraran que a fochanca facía un ano.

Atendan á celebración que fixeron os veciños da parroquia de San Tomé de Freixeiro, en Vigo, para conmemorar o primeiro aniversario da fochanca, cansos de que non a arraxasen. Levaron unha torta e mesmo brindaron con champaña. Afirman que esta fochanca xa causara algún accidente.

É un aniversario en toda regra. Non falta a torta, a candea e mesmo o brinde. Non é o aniversario de ningunha persoa, quen fai anos nesta ocasión é unha fochanca. Os veciños da parroquia viguesa de San Tomé de Freixeiro están cansos de que non o arranxen.

Esta fochanca supón un risco para os condutores xa que é habitual que os penumáticos rompan e as lamias resulten danadas como consecuencia do impacto. Se a xente non o ve é un auténtico perigo sobre todo pola noite porque hai pouca visibilidade. A fochanca xa provocou accidentes, o último hai dous días onde un motorista quedou ferido.

Os veciños esperan que só tivesen que celebrar o primeiro aniversario desta fochanca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019