Veciños da Louriña pídenlle ao Concello que devolva os terreos apropiados por un veciño
Os veciños da aldea de Louriña, en Cuntis, levan 13 anos de procedementos administrativos e xudiciais para recuperar o camiño da misa, un antigo vieiro que os levaba á vila.
Todo comezou cando unha casa da aldea construíu valados e fixo seus uns terreos que eran parte do percorrido. Os veciños queren volver ter o camiño da misa, din que levan trece anos loitando para que un deles devolva os pequenos liscos de terreo que foi engadindo como propiedades ás leiras que posuía.
O Concello di que o procedemento está aberto e que comezará en breve a executar o deslinde de todo o percorrido do camiño da misa. Asegura que o expediente data de 2015 e que houbo outro anterior que foi arquivado, un arquivamento contra o que recorreron os veciños. Ademais, di que hai cartografía oficial que recolle o seu trazado e pide paciencia.