Veciños da Graña, en Ferrol, piden solucións para un barrio sen aparcadoiros
O barrio da Graña é dos máis antigos de Ferrol. As rúas son todas de dobre sentido de circulación, aínda que escasamente pasan dous turismos. A maioría das casas tampouco teñen garaxe, así que os veciños non teñen máis remedio que deixar os coches na rúa.
María Cortabitarte, presidenta da asociación de veciños da Graña: "Precisamos zonas onde aparcar porque non se trata de que queiramos aparcar diante da nosa casa. Non teño, teño que ir a outro barrio. Non hai ningunha opción e frítennos a multas".
Din que ata hai pouco a policía facía a vista gorda, pero que a situación empeorou nas últimas semanas. Hai un espazo na parte máis baixa da vila, pero non chega a nada, sobre todo no verán. Por iso, reclámanlle solucións ao Concello: que negocie con propietarios de varios terreos que non están edificados ou facer un único sentido de dirección.
María Cortabitarte, presidenta da asociación de veciños da Graña: "Algo ideal sería que isto fose dun só sentido. Entrariamos polo túnel que é de Defensa, daquela o Concello estaría obrigado a facer un convenio con Defensa".