CRTVG

Buscar

Veciños da Coruña denuncian problemas de convivencia e de insalubridade a causa dos 'okupas'

Publicado o 03/10/2019 14:37

Con medo. Así din que están vivindo os veciños da Agra do Orzán desde que os ocupantes ilegais entraron nos cinco pisos dun inmoble da rúa José Baldomir.

Din que cada día teñen que convivir con leas entre os okupas, pero tamén con ameazas e malas contestacións aos veciños que lles chaman a atención polo seu comportamento.

Pero amais destes problemas de convivencia, denuncian tamén problemas de insalubridade.

Desde o Concello explican que, ao ser unha propiedade privada, nada poden facer. Aínda así, aseguran que o problema xa foi abordado polos Servizos Sociais e Seguridade Cidadá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019