CRTVG

Buscar

Veciños da Coruña denuncian caos de tráfico na cidade vella

Publicado o 09/08/2019 16:23

Un ano despois da peonalizar a Cidade Vella da Coruña, os veciños do barrio denuncian o caos de tráfico na zona. Veciños e comerciantes desta zona da cidade da Coruña quéixanse do caos de tráfico arredor do perímetro da Cidades Vella, reservada exclusivamente aos peóns.

Un ano despois da entrada en funcionamento desta medida, os comerciantes denuncian un descensa nas vendas dos seus negocios e os residentes din que é moi complicado atopar unha zona de estacionamento.

As asociacións do barrio reclaman do goberno municipal un plan de sinalización dos accesos a esta zona da cidade e un maior contro dos estacionamentos nun espazo que concentra centros educativos e hospitalarios que precisan duns servizos axeitados para os usuarios.

Residentes da Cidade Vella da Coruña quéixanse das continuas retencións no tráfico que se producen no seu barrio. Piden ao Concello máis batidas policiais para evitar que os coches salten o control dos estacionamentos irregulares e un maior control da circulación na zona.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019