CRTVG

Buscar

Veciños da avenida das Pías, en Fene, reclaman pasos de peóns nesta vía

Publicado o 08/11/2018 14:27

Veciños da avenida das Pías en Fene reclaman a colocación de pasos de peóns nesta vía. Aseguran que a avenida, de máis de medio quilómetro, só conta cun paso de peóns e un paso subterráneo, cada un deles nun extremo da vía, polo que para cruzar arriscan constantemente a vida atravesando catro carrís. 

Os veciños da avenida das Pías en Fene arriscan a súa vida cada vez que queren cruzar a rúa. A ausencia de pasos de peóns nunha vía de máis de medio quilómetro incítaos a cruzar os catro carrís da avenida de xeito temeroso.

A avenida só conta cun paso de péons no inicio no cruzamento da igrexa, e un subterráneo situado ao final, á altura da entrada  á ponte das Pías. No medio existe outro ao que os peóns teñen que acceder a través dunha trintena de chanzos, insalvables para moitos veciños.

Os veciños reclaman solucións que lles permitan cruzar ao outro lado da avenida a pé de estrada e sen ter que acudir aos pasos subterráneos. 

A Policía Local xa realizou un informe a instancias do Concello, e que xa remitiron ao Ministerio de Fomento, titular da vía, en que detallan a situación da avenida das Pías e a conveniencia dun paso de peóns intermedio para facilitar a mobilidade dos veciños e evitar atropelos como o do 1 de outubro pasado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018