CRTVG

Buscar

Veciños coruñeses do Orzán denuncian aglomeracións nas rúas por mor do ocio nocturno

Publicado o 06/09/2021 14:49

A Covid xa non é impedimento para que centos de mozos volvan encher de ruído e vasos unha das zonas de copas máis emblemáticas da Coruña como é a do Orzán.

As noites de festa e as aglomeracións volveron ao barrio do Orzán tras a relaxación das medidas para conter a Covid. Polo que contan os veciños, xúntanse alí centos de mozos para facer botellón, pero non coas bebidas que poidan traer eles senón que son os propios locais os que sacan esas bebidas á rúa.

Explican que levan cinco semanas sufrindo este problema, todos os venres e todos os sábados e temen que en canto comece a universidade, tamén os xoves.

Noticias web

06/09/2021