CRTVG

Buscar

Çolak, pendente de Apelación, e Beauvue entran na lista de Vázquez

Publicado o 18/01/2020 14:02

Fernando Vázquez amosouse esperanzado de que o Comité de Apelación lle quite o segundo cartón a Çolak. Por iso o incluiu na lista de 20 xogadores para o partido diante do Cádiz. Terá que facer dous descartes.

Sobre a entrada de Beauvue no equipo o adestrador "esixiríase ver o xogador con máis atención e non apostar por el tan cedo, pero neste momento de súper emerxencia hai que asumir riscos".

O de Castrofeito fala da secuencia de resultados que debe manter o equipo e que é consciente de que chegarán os malos momentos e as derrotas.

Vázquez fala da afección con orgullo: "somos así, estamos co equipo, sempre, en Segunda B, en Terceira. Eso fainos grandes. Somos grandes".

Noticias web

18/01/2020