CRTVG

Buscar

Vázquez, sobre Tebas: "Paréceme eticamente deshonesto e tramposo. Mente descaradamente"

Publicado o 20/11/2020 17:38

O adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez, criticou as acusacións do presidente da Liga, Javier Tebas, ás institucións galegas, especialmente á Xunta de Galicia, polo seu informe sobre o desprazamento do Fuenlabrada a Galicia con positivos de covid-19 no persoal para disputar un partido co club coruñés en xullo.

"Paréceme eticamente deshonesto e tramposo. Mente sabendo que mente, pero el é así, que lle imos a facer. Non me parece moi complicado entender o que pasou. El está obcecado e vende a súa película. Non hai contraposición porque o Deportivo quere superar esta situación", comentou o preparador galego nunha conferencia de prensa telemática.

Nun foro de 'Marca', o dirixente da liga indicou que "houbo unha paixón esaxerada en Galicia e na Coruña, buscando xerar presión mesmo desde as autoridades".

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

20/11/2020