CRTVG

Buscar

Vázquez: "Se nos mantemos subirei o monte Ézaro"

Publicado o 25/01/2020 14:43

Fernando Vázquez compareceu na previa do Albacete - Deportivo e deixou varios titulares. "Estamos nun momento raro, de estabilizar o club para ver como evoluciona, pero agora cos novos xogadores hai que moverse cara un sitio. Cara onde imos evolucionar? Nin eu mesmo o sei".

A Vázquez gústalle "a enerxía positiva que se está a xerar, pero que ese optimismo sexa ben utilizada, que miren a clasificación e que saiban onde estamos. Temos que saber que volveremos a perder". Para o de Castrofeito os xogadores deben "sair a xogar un partido para gañar sen importarnos as consecuencias. Iso só ocurre cando te divirtes, cando tés 15 ou 16 anos". 

O técnico considera que é máis doado "acostumarse a perder que a gañar" e fai unha promesa por se permanece: "Intentaremos subir o monte Ézaro".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020