CRTVG

Buscar

Vázquez Padín é o novo alcalde de Tui despois de que prosperara a moción de censura

Publicado o 17/10/2017 21:34

O independente Carlos Vázquez Padín de Converxencia 21 xa é novo alcalde de Tui tras a moción de censura nun bronco pleno en que recibiu os votos do PP, de Alternativa Popular de Tui e de Cidadáns Tudenses. Con este pacto desaloxaron ao ex-alcalde de Tui, o socialista Enrique Cabaleiro apoiado ata agora polo BNG, Alternativa tudense  e Son de Tui. Tui con algo menos de 17.000 habitantes ten unha corporación moi fragmentada de 8 partidos e dezasete edís.O vello goberno estaba integrado por 8 concelleiros, o actual conta con 9. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2017