CRTVG

Buscar

Vázquez convoca a 23 xogadores e terá que buscar os substitutos de Mollejo e Aketxe

Publicado o 13/06/2020 13:39

As lesións de Aketxe, Hugo Vallejo e o porteiro Jovanovic déixanos fóra da lista. Tampouco está o sancionado Víctor Mollejo. Fernando Vázquez convocou a 23 xogadores, todos os que ten a disposición no primeiro plantel e aos fabrilistas Gandoy, Juan Rodríguez e o porteiro Alberto. 

Parece claro que Salva Ruiz ocupará o posto na esquerda no que viña xogando Mollejo. Máis dúbidas ten o recambio de Aketxe. Na dianteira ábrense varias posibilidades para o técnico de Castrofeito. 

Noticias web

13/06/2020