CRTVG

Buscar

Vázquez: "Beauvue ía ser titular, é un contratempo importante"

Publicado o 08/02/2020 14:05

Fernando Vázquez mostrouse contrariado pola ausencia de Claudio Beauvue, que se une á de Sabin Merino: "Ía ser titular, asegurou o de Castrofeito". No caso de ser un partido definitivo "poderían xogar porque non sinten dor, pero correriamos o risco de lesión importante". Pola contra confirmou que Dani Giménez está perfecto. Malia a boa serie de resultados a Vázquez só lle importa Alcorcón: "É a nosa final da Copa do Mundo". 

Tamén se lle preguntou polo plantexamento, por se ía trocar a forma de xogar. Segundo o adestrador do Deportivo "vouno facer. En que momento non o sei. Inminente? Igual cambio mañá". 

Noticias web

08/02/2020