Varo: "O luns imos ao Molinón convencidos de gañar"
Publicado o 03/05/2021 19:58
Nin unha pouca sorte, é o que seguro pensan agora en Lugo, logo da derrota no derradeiro minuto do desconto ante o Zaragoza. Unha derrota que doe sobre todo polo xeito en que chegou, despois de facer un moi bo partido, o mellor en varias xornadas. Está penúltimo na táboa, a tres puntos da salvación. O luns xoga no Molinón contra un Spórting enchufado na pelexa polo 'play-off' de ascenso. Será a primeira de cinco finais, dúas contra rivais directos. Varo, que recuperaba a titularidade, confía na remonta.