CRTVG

Buscar

Varios vehículos anegados pola preamar en Pontevedra

Publicado o 28/10/2019 20:37

Unha vez máis, a marea alta e lúa nova volveron xogarlles unha mala pasado aos vehículos aparcados no peirao das Corbaceiras, en Pontevedra. O nivel da auga acadou os catro metros e anegou varios vehículos que estaban aparcados. Esta é unha das alturas máximas ás que pode chegar a auga e prodúcese en poucas ocasións.

A explanada é un lugar habitual de estacionamento, pero os propietarios non tiveron moi en conta as mareas. Moito coidado para mañá, porque o pico máis alto da preamar chegará entre as catro e as cinco da tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019