CRTVG

Buscar

Varios veciños de Sober, como Pura, con 102, superan o centenario

Publicado o 24/05/2020 21:44

Varios veciños de Sober teñen máis de cen anos. Antonte unha veciña fixo 106, e hoxe foi o día dos anos de Pura, outra veciña do concello que fixo os 103; en decembro, outro veciño fará os 102 anos. Natureza, exercicio físico e ganas de vivir apoian estes centenarios.

Cento tres anos aínda que o seu rostro, con tan pucos enrugas, nos diga o contrario. Pura vive en Santiorxo, en Sober. Agora, para se mover, necesita de axuda, pero sempre foi unha muller chea de enerxía, traballadora e alegre, malia unha vida dura e chea de dificultades.

Do seu segundo matrimonio naceu Jose Antonio, o único fillo que lle vive e que, canda a súa parella, son os que coidan dela. Antes gustáballe moito traballar, pero agora xa non dá feito.

Agora gústalle mirar a tele e tamén lle gustan moito os animais, porque se criou con eles, como nos conta. Come ben, dorme ben e ten moi bo convivir.

Pura é unha das veciñas centenarias que hai en Sober. Outra fixo antonte 106 anos, e en decembro outro veciño do concello fará os 103.

Noticias web

24/05/2020