CRTVG

Buscar

Varios países europeos reformulan os seus programas de vacinación con Janssen e AstraZeneca

Publicado o 10/05/2021 14:55
Varios países europeos reformulan os seus programas de vacinación con Janssen e AstraZeneca

O Consello Interterritorial de Saúde decide esta semana se autoriza a vacinación con Janssen aos menores de 60 anos. Tamén Noruega estuda a recomendación dos seus expertos, que aconsellan retirar do programa oficial esta vacina e maila de AstraZeneca. Outros países europeos xa decidiron: Alemaña recomenda o uso de Janssen para maiores de 60, e autoriza AstraZeneca a menores desa idade que pasen un exame médico.

Francia tamén inxectará a fórmula de Oxford aos que a soliciten voluntariamente. Mentres, o Reino Unido ofrecerá alternativas a AstraZeneca aos menores de 40 anos, debido aos casos de tromboses detectados nesa idade. A Unión Europea non renovará o contrato coa farmacéutica anglosueca a partir de xuño.