Varios países ameazan con romper a unidade comunitaria á hora de comprar as vacinas
Publicado o 03/03/2021 11:29
As ansias por apurar as campañas de vacinación provocan as primeiras tensións entre os socios comunitarios á hora de seguir facendo a compra conxunta das vacinas.
Austria e Dinamarca traballan na autonomía da fabricación de vacinas fronte ás novas variantes.
Non tardaron en chegar as crítcas por parte do chanceler austríaco contra a Axencia do Medicamento pola súa tardanza en aprobar os tratamentos.
Eslovaquia tamén está a negociar facerse con dous millóns de doses da vacina rusa. Polonia quere acceder á chinesa.