CRTVG

Buscar

Denuncian que alguén gravou pola rúa imaxes baixo as saias das súas fillas en Santiago

Publicado o 10/10/2018 14:16

A comisaría de Santiago recibiu hoxe a denuncia de varios pais que aseguran que alguén gravou pola rúa imaxes baixo as saias das súas fillas menores e agora os contidos están nunha web de contido pornográfico. 

Segundo fontes policiais, as denuncias interpuxéronse esta mesma mañá nesta comisaría do centro de Santiago. Ata alí achegáronse os pais das menores, alertados de que alguén gravara imaxes baixo as saias das súas nenas, unha práctica coñecida como 'upskirting', para logo subilas a unha web pornográfica. O consello dos expertos neste casos é, en primeiro lugar, facerse coa proba.

Silvia Barrera Ibáñez, experta en ciberseguridade

Manter a calma e denunciar os feitos ante as autoridades antes de que desaparezan as probas son recomendacións básicas para que este tipo de delitos non queden impunes.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018