CRTVG

Buscar

Varios mozos de América do Sur viven a experiencia de retornar a nosa comunidade

Publicado o 22/06/2018 08:58

Comezou o verán e xa é tempo de campamentos para os máis novos. Tamén para os 174 mozos galegos residentes no exterior que foron seleccionados polo programa Conecta con Galicia da Xunta para estreitar lazos coa nosa comunidade. A maioría virán de América Latina e os da Arxentina recibiron este xoves algúns consellos para que poidan aproveitar ó máximo esta experiencia no país. 

Reencontrarse cos familiares e coñecer, coñecer Galicia, iso é o que buscan moitos dos 81 mozos e mozas de orixes galegas que foron seleccionados aquí na Arxentina para participar no programa da secretaría xeral da Emigración 'Conecta con Galicia'. Durante unha reunión informativa, a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires adiantoulles algunhas claves desta viaxe ás raíces que emprenderán no mes de xullo. 

Naceron na Arxentina pero séntense moi galegos. Son mozos de entre 14 e 20 anos e ante a aventura que os espera nuns días en Galicia non podían disimular a alegría.Quen sabe se nuns anos eles farán o camiño de volta e se asentan en Galicia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2018