CRTVG

Buscar

Varios incendios simultáneos en California, onde xa foron evacuadas 200.000 persoas

Publicado o 07/12/2017 15:06

As autoridades californianas están desbordadas ante a coincidencia de varios incendios simultáneos. Unha situación que obrigou a pechar estradas, colexios e a evacuar máis de duascentas mil persoas despois de que se queimaran varias vivendas. Entre elas, mansións millonarias no barrio de Bel Air.

Os múltiples incendios no sueste de California están a resultar devastadores. Máis de catro mil bombeiros loitan por apagar os diversos focos nos condados de Ventura e dos Ánxeles. Autoestradas cortadas, colexios pechados e decenas de edificios queimados, entre eles algunhas mansións multimillonarias do luxoso barrio de Bel Air. 

As condicións atmosféricas, un terreo moi árido e a forza do vento, con refachos de ata cincuenta quilómetros por hora, están a complicar os labores de extinción. As últimas cifras estiman en máis de dúascentas mil as persoas evacuadas, uns doce mil fogares en perigo e máis de trinta e cinco mil hectáreas calcinadas. Xa se fala do peor ano de incendios forestais desde que se ten rexistro en California.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017