CRTVG

Buscar

Malia a alerta, os cooperantes viaxan aos campos de refuxiados saharauís

Publicado o 01/12/2019 14:44

Os españois que están viaxando aos campamentos de refuxiados saharauís de Tinfuf, en Arxelia, din que van tranquilos.

Esta fin de semana chegou un grupo galego, que segundo nos conta Ramón Martínez, que tamén irá en febreiro, foron recibidos mellor cá nunca.

A Fronte Polisaria considera que a alerta de atentado a españois alá é inxustificada. Cren que responde a intereses marroquís contra a causa do pobo saharauí. Os cooperantes coinciden con esta opinión.

Ramón leva unido á causa saharauí, pola que participou nesta carreira entre París e Bruxelas, desde que unha cuñada empezou a traer unha rapaza polo verán, hai 20 anos. A moza, agora unha muller, e os seus son a súa familia saharauí. Axúdaos en todo o que pode e visitaos cada ano.

Ramón vai ir en febreiro para participar no maratón do Sáhara e desta volta vai levar o seu fillo de doce anos. Quere que coñeza de preto a realidade daquel pobo.

Noticias web

01/12/2019