CRTVG

Buscar

Varios gardas civís relatan os escraches e as ameazas que sufriron despois do 1-O

Publicado o 28/03/2019 15:07

Gardas civís relatan acoso e ameazas tras o 1-O. Ameazas nas redes sociais, persecucións polas rúas e escraches en hoteis e cuarteis. Os axentes relataron ante o tribunal os incidentes que viviron nos días posteriores ao 1 de outubro.

"Proferían berros de fóra ás forzas de ocupación, a rúa é nosa, tocaban palmas e caceroladas. Escoltábaos un camión de bombeiros da Seo d'Urgell que se parou na porta, apoiou o escrache e deu un baño de masas. Dicíannos que nos ían matar, que gañaran a guerra, que eramos un asasinos... O primeiro que ordeno é 'retira a bandeira', e izouse unha estelada que logo levaron'.

Dous axentes dos Mossos describiron tamén as agresións que sufriron durante un rexistro.

 "A min zarandéanme, cóllenme do chaleco antibalas, empúrranme...". "Derónnos patadas, puñadas, empurróns...".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019