Varios feridos nos enfrontamentos entre manifestantes palestinos e policías israelís
Publicado o 23/04/2021 08:44

Manifestantes palestinos e policías israelís enfrontáronse esta noite nos accesos á cidade vella de Xerusalén. Os disturbios prolongáronse durante varias horas, e os policías utilizaron canóns de auga e bombas de estrondo para disolver os manifestantes.
Hai algúns feridos, a maioría leves, e varios detidos. A protesta prodúcese despois de que as autoridades israelís cercasen con valados as escalinatas de acceso para impedir que a xente sentase nelas.