CRTVG

Buscar

Varios equipos de científicos analizan a presenza do coronavirus nas augas residuais

Publicado o 05/06/2020 15:16

Varios equipos de científicos e empresas están traballando en tres proxectos encargados por Augas de Galicia. Queren analizar a presenza do coronavirus nas augas residuais da nosa comunidade, e sacar datos que axuden a controlar mellor a pandemia.

Este equipo de científicos busca respostas nos lodos da depuradora de Ourense. 

Por encargo da Xunta de Galicia, empresas, hospitais e centros de investigación do país están traballando en varios proxetos complementarios. O que lidera a Universidade de Vigo estuda a incidencia no medio mariño. 

Os investigadores vigueses levan un mes analizando o que ocorre nas depuradoras de Cambados, Nigrán e Baiona, onde, se todo vai ben, variará a poboación en época estival.

E un terceiro estudo céntrase na EDAR da Coruña. O obxectivo común é establecer un protocolo para seguir a evolución da pandemia.

 

Noticias web

05/06/2020