CRTVG

Buscar

Varios detidos nunha operación contra o tráfico de drogas en Pontevedra

Publicado o 15/12/2020 18:09

Axentes da Garda Civil e da Policía Local de Pontevedra despregaron este martes un importante operativo contra o tráfico de drogas na cidade de Pontevedra con, polo menos, sete detidos.

Segundo fontes da investigación, no marco desta operación conxunta practicáronse ata seis rexistros en distintos inmobles, entre eles dúas casas en Monte Porreiro, unha vivenda no paseo de Colón, un mesón na rúa Peregrina e unha casa en San Blas, na parroquia de Salcedo. Precisamente, esta está considerada o centro de operacións desta rede.

A Garda Civil incautouse de distintas cantidades de cocaína e marihuana. A operación está baixo segredo de sumario. Os detidos pasarán a disposición xudicial ao longo desta semana.