CRTVG

Buscar

Varios concellos cataláns traballan para non celebrar o Día da Hispanidade

Publicado o 12/10/2017 20:47

Máis dun cento de concellos cataláns ignoraron esta xornada festiva e traballaron con normalidade porque, din, "non hai nada que celebrar".

Trátase de consistorios gobernados polos partidos soberanistas, coma o de Vilobí d'Onyar, na provincia de Xirona, onde se podía ler nun cartel que as oficinas municipais abrirían as súas portas, aínda que mañá estarán pechadas por reformas. Pero na maioría dos concellos non se atendeu os cidadáns, só foron traballar os alcaldes e os concelleiros. Así ocorreu en Xirona capital, en Badalona e mais en Manresa. Apuntan que para os funcionarios a asistencia foi voluntaria. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017