CRTVG

Buscar

Varias vivendas desaloxadas en Rianxo por un incendio

Publicado o 23/03/2019 21:51

Varias vivendas foron desaloxadas en Rianxo por un incendio declarado nunha ferraxería do núcleo urbano. O lume comezaba pouco despois das seis desta tarde e obrigaba a mobilizar varias dotacións de bombeiros, Protección Civil e Policía Local. Todo apunta a que o foco do lume estaba no soto deste edificio de viviendas, situado na rúa Arcos Moldes.

A policia local cortou o tráfico na rúa e desaloxou as vivendas próximas, mentres os bombeiros traballaron durante varias horas nas tarefas de extinción. No soto da ferraxería había pinturas e outros materiais de combustión fácil, que dificultaron o seu traballo. A densa fumareda estendeuse a unha tenda de electrodomesticos e a unha xoguetería que están nas plantas superiores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2019