CRTVG

Buscar

Varias tendas de Ourense aínda cobran en pesetas

Publicado o 06/03/2019 13:59

Cando acaba de facer xa 17 anos da desaparición da peseta, hai establecementos comerciais de Ourense que aínda seguen cobrando na que foi a moeda española durante 133 anos. Pesetas, moitas, que gardan curiosas historias.

Nesta carnicería chegaron a recoller nos últimos oito anos ata 800.000 pesetas. Pesetas moitas gardadas en lugares secretos e insospeitados. Ata 36 millóns atopou un cliente da praza de abastos de Ourense agochados nunha casa.

Nesta zapatería da zona histórica de Ourense non hai semana que non reconten pesetas. Lembran nestes establecementos que cobran en pesetas pero non fan cambios a euros. En Galicia só cambian no Banco de España na Coruña e ata que remate o 2020.

Noticias web

06/03/2019