CRTVG

Buscar

Un morto e sete feridos, dous deles en estado crítico, nun acoitelamento en Birmingham

Publicado o 06/09/2020 10:47

Un home faleceu e outras sete persoas resultaron feridas nunha serie de acoitelamentos rexistrados a pasada madrugada no centro de Birmingham. A policía non relaciona os sucesos co terrorismo e puxo en marcha unha investigación por asasinato. Precisa ademáis que hai outro home e unha muller ingresados en estado  crítico, mentres outras cinco persoas teñen feridas de menor consideración.

Algunhas testemuñas dos feitos indican que se tratou dunha liorta dun grupo de mozos contra outro e aseguran que houbo insultos racistas.

Varias rúas de Birmingham permanecen pechadas e a vixilancia reforzada na zona, ante o que a policía cualifica de "incidente grave".

 

Noticias web

06/09/2020