CRTVG

Buscar

Varias menores alertan da presenza dun acosador na praza de España de Vigo

Publicado o 06/03/2019 15:47
Varias menores alertan da presenza dun acosador na praza de España de Vigo

Varias menores alertaron nos últimos días da presenza dun acosador en pleno centro de Vigo, na praza de España. Aseguran que actúa nas paradas de autobús e se dirixe ás rapazas facéndolles comentarios de carácter sexual.

Segundo a descrición das menores, trátase dun home de entre 70 e 80 anos. As rapazas veñen denunciando dende hai días estes feitos nas redes sociais. Unha das mozas chegou a pedir auxilio a través de Facebook e Instagram. Ademais, o home mesmo chegou a meterse no autobús para seguir unha das vítimas ata un centro escolar.

Piden maior vixilancia policial na zona para localizar o acosador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019