CRTVG

Buscar

Varias explosións deixan, polo menos, 185 mortos e 500 feridos na illa de Sri Lanka

Publicado o 21/04/2019 12:33

• Os estouridos producíronse en hoteis de luxo e igrexas

• O testemuño de Paola Rodríguez, galega residente en Sri Lanka

Polo menos 185 persoas morreron, entre elas 35 estranxeiras, e máis de 500 resultaron feridas este domingo, segundo o último balance de vítimas, tras unha serie de explosións en hoteis de luxo e igrexas de Sri lanka, onde numerosos fieis celebraban o Domingo de Resurrección.

O director do Hospital Nacional de Colombo, Anil Jayasighe, confirmou en rolda de prensa a morte de 185 persoas e máis de 500 feridos nos seis atentados con bomba ocorridos na illa.

Os ataques contra minorías relixiosas na illa véñense repetindo dende hai anos, o último en 2018, cando o Goberno tivo que declarar o estado de alarma despois dos enfrontamentos entre musulmáns e cingaleses budistas, con dous mortos e ducias de detidos.

En Sri Lanka a poboación cristiá representa o 7%, mentres que os budistas son preto do 70%, os hinduístas son o 15% e os musulmáns o 11%.

A maioría dos mortos estranxeiros son de nacionalidade holandesa, americana e inglesa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2019