CRTVG

Buscar

Varias denuncias en Parga e Vilalba advirten de novos calotes de falsos revisores da luz ou do gas

Publicado o 30/08/2019 16:09

Sen ningún tipo de escrúpulo, deitan da vulnerabilidade e da inocencia da xente para levarlle o que teñen. Neste caso unha das vítimas foi Pedro, un home de 88 anos que vive canda a súa muller na zona de Parga. Esta semana un home chegou á súa casa. Aparcou o coche tras este castiro e díxolle que viña revisar o contador da luz.

Entón o estafador foi engaiolando a Pedro para que o guiara por toda a casa. Así viu onde tiña a carteira e onde gardaba algún carto.

Despois co conto de probar se a luz prendía ou non nos cuartos, conseguiu que Pedro e maila muller quedaran no cadro da luz subindo e baixando os automáticos.

Despois baixou e arrancou co coche. Daquela a Pedro acordoulle ir mirar, xa nin estaban os cartos de enriba do armario nin a carteira.

Deseguida o seu fillo denunciou á Garda Civil. O estafador é un home, galego, de mediana estatura e forte que vai nun coche escuro; presuntamente é o autor doutros calotes tamén en Vilalba, de onde escapou doutra vivenda con 2.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019