CRTVG

Buscar

Ducias de persoas apoian a Sestayo na súa comparecencia por presuntas inxurias

Publicado o 03/05/2019 15:10

Varias decenas de persoas acompañaron a secretaria xeral dos socialistas de Ferrol, Beatriz Sestayo, na vista que tivo lugar esta mañá, en que tivo que comparecer por supostas inxurias contra un maxistrado.

Á entrada dos xulgados, Sestayo confirmou que non rectificará as súas declaracións. A líder socialista cualificou de "machista" a través dunha rede social un maxistrado, quen presentou unha denuncia por inxurias.

Noticias web

03/05/2019