CRTVG

Buscar

Varias comunidades anuncian recursos contra as restricións para a hostalería

Publicado o 03/06/2021 14:51

O Ministerio de Sanidade recupera o semáforo, o sistema de niveis,  para unificar as normas da hostalería. Iso si, en todas as comunidades, con independencia da súa situación sanitaria, bares e restaurantes terán que pechar á 1 e deixar de servir ás doce. Cun máximo de 6 persoas por mesa no interior e 10 nas terrazas.

Permiten reabrir as discotecas. Ata as 3, nas comunidades cunha incidencia inferior a 50, que nestes momentos son as Baleares e Valencia. E no seguinte chanzo, con risco medio, onde está Galicia, poderían abrir ata as dúas, cun terzo da ocupación. Nas comunidades en risco alto, como Madrid, Andalucía ou Euskadi, a hostalería só poderá atender nas terrazas e o ocio nocturno seguiría pechado.

Madrid e Euskadi confirman que non aplicará as medidas. Castela e León ameaza con presentar un recurso nos Tribunais. E en Galicia, a Xunta tomará a decisión despois de escoitar os servizos xurídicos. Dende o Goberno fan un chamamento ao diálogo e a evitar os tribunais.

Están en contra seis comunidades e 11 a favor. As normas propostas por Sanidade estarían vixentes ata que o 70 % da poboación estea vacinada.

Noticias web

03/06/2021