CRTVG

Buscar

Varias comunidades do norte estudan solicitar zona catastrófica polas chuvias dos últimos días

Publicado o 26/01/2019 18:24

Pasou o peor das inundacións no norte de España, pero non se pode baixar a garda. Varias comunidades estudan pedir a declaración de zona catastrófica polas chuvias que caeron nos últimos días. Os gobernos autonómicos están elaborando estudos para solicitarlle ao Estado esa declaracion, Moitos veciños de Asturias, Cantabria e o País Vasco aseguran que non viran nada igual. Os ríos botaron por fóra e os danos nalgunhas zonas aínda non son cuantificables. O efectivos da UME desprazados nos últimos días seguen sobre o terreo para colaborar nas tarefas de reparación.

Noticias web

26/01/2019