CRTVG

Buscar

Varias comunidades discrepan do acordo con Madrid, incluído o propio Goberno de Ayuso

Publicado o 30/09/2020 14:17

Dez dos once concellos de máis de cen mil habitantes cunha alta incidencia dos contaxios de coronavirus que estrearán restricións á mobilidade polos contaxios están na Comunidade de Madrid, a capital entre eles. Non se poderá entrar ou saír do termo municipal sen causa xustificada, non poderán reunirse máis de seis persoas á vez e os bares pecharán ás dez.

Cataluña e Euskadi desmarcáronse xa deste principio de acordo entre o Goberno madrileño e o central que debería estenderse ao resto de España.A proposta será levada esta tarde polo Goberno ao Consello Interterritorial de Saúde, pero as comunidades de Cataluña e Euskadi xa mostraron a súa desconformidade.

A conselleira de Saúde da Generalitat, Alba Vergés, cualificouna dunha especie de "café para todos" e dixo que non é marco de referencia para Cataluña porque xa teñen o seu propio plan de control da pandemia.

Molesto polas forma e polo fondo, o lehendakari vasco criticou o acordo e dixo que non é necesario un segundo estado de alarma.

Reticencias ao plan manifestaron tamén o asturiano Adrián Barbón e a navarra María Chivite.

"Veremos a ver se realmente se acordan eses criterios. En todo caso, Navarra vai levar a súa propia proposta porque entendemos que máis alá deses indicadores hai outros indicadores que tamén hai que poñer enriba da mesa".

Dez dos once concellos con máis de cen mil habitantes e alta incidencia do virus onde se aplicarán as restricións están en Madrid, coa capital á cabeza.

Noutros máis pequenos como Medina del Campo, con máis de 20.000 habitantes, ou Carpio e Sotoserrano, tamén na comunidade de Castela e León, o confinamento limitado está xa en vigor.

En Arnedo e Calahorra, na comunidade da Rioxa, estará ás doce desta  noite.

"Paréceme ben por isto nos quedamos non casa ou non vai parar".

"Isto está pasando de castaño a escuro, pero polo mozos máis que nada".
"Paréceme que se a cousa está tan grave, pois é o máis lóxico".

Andalucía fará cribados masivos de tests rápidos nunha ducia de concellos con máis de 500 positivos por cada cen mil habitantes nos últimos días.

Madrid esixe máis criterios a Sanidade para confinar municipios

A Consellería de Sanidade da Comunidad de Madrid pide ao Ministerio de Sanidade "criterios obxectivos e claros" para todas as comunidades autónomas, á hora de confinar municipios, pero que "non se cingan só aos tres indicadores coñecidos nas últimas horas".

Estes parámetros deben ampliarse dentro do "diálogo" con todas as consellerías de Sanidade de España, indica a Comunidade de Madrid nun comunicado.

 

Noticias web

30/09/2020