CRTVG

Buscar

Varias aldeas de Silleda levan sen teléfono e Internet dende mediados de decembro

Publicado o 07/01/2020 13:57

Os temporais de mediados de decembro deixaron pegada en varias parroquias do concello de Silleda. Dende o pasado día 19, os veciños de Rellas, Escuadro ou Graba non teñen liña telefónica nin conexión a Internet, e aínda non saben cando lles será posible recuperalas.

No lugar de Soldecasa, en Escuadro, as tormentas calcinaron unha caixa de telefonía, o que agravou a falta de conexións. Polo de agora, os habitantes da zona comunícanse con familiares e amigos a través dos teléfonos móbiles, pero esperan que as avarías se resolvan canto antes para poder usar de novo a liña de telefonía fixa.

As reparacións para solucionar o problema xa se están levando a cabo. Aínda así, estas parroquias silledenses terán que agardar polo menos uns días máis ata que as comunicacións volvan á normalidade.

Noticias web

07/01/2020