Varias aeroliñas negocian novos ERTE por causas produtivas ou organizativas
Publicado o 21/09/2021 15:15

Varias aeroliñas negocian novos ERTE por causas produtivas ou organizativas. Entre elas Ryanair e Iberia. En Iberia, de feito, o ERTE pode afectar o 30 por cento dos seus 5.000 traballadores.
Ryanair e Norwegian tamén iniciaron procedementos para adaptar o seu cadro de persoal á carga de traballo prevista para os próximos meses. Nas negociación dos ERTE que arrancarán nos próximos días, concretarase cantos empregos se verán afectados.