CRTVG

Buscar

Vargas Llosa e John Malkovich, visitas ilustres en Galicia

Publicado o 22/03/2019 21:35

O premio nobel de Literatura Mario Vargas Llosa continúa de visita na Coruña. Esta tarde percorreu un treito do Camiño Inglés a Santiago ao seu paso polo concello de Culleredo. Estivo acompañado do reitor da Universidade da Coruña e do conselleiro de Cultura e Turismo, que lle entregou unha edición facsímile en galego do Códice Calixtino. Pola mañá, o Nobel fora recibido no paraninfo da universidade polas máis de 400 persoas que participaron nun seminario internacional de investigación e divulgación sobre a súa obra.

Tamén está na Coruña o actor, produtor e director estadounidense John Malkovich. Nestes momentos participa no Teatro Colón na homenaxe ao ex-director da Filmoteca Española, o galego Chema Prado, co que mantén unha estreita relación desde hai anos.  Dentro dos actos programados polo Centro Galego de Artes da Imaxe, mañá sábado Malkovich presentará na sede do CGAI Pasos de baile, a película dirixida por el e protagonizada por Javier Bardem.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019