CRTVG

Buscar

Vara vencella os malos datos do paro en Estremadura coa suba do salario mínimo

Publicado o 28/01/2020 19:12

O presidente de Estremadura cre que os malos datos do paro na rexión, sobre todo no agro, están vinculados coa decisión do Goberno de subir o salario mínimo interprofesional. Fernández Vara defende a suba, pero cre que non ten o mesmo impacto en todas as comunidades. Para compensalo propón unha especie de cotizacións especiais para as rexións máis prexudicadas.

Guillermo Fernández Vara, presidente de Estremadura: "Eu voi ir falar coa ministra de Traballo. Hoxe mesmo lle pedirei reunión, xa lla pedira a semana pasada para analizar o impacto que isto pode estar tendo para que o analicemos e o vexamos, eu creo que isto non é só un problema de medias verdades, todo o mundo ten a súa razón e cando o goberno de España decide subir o SMI, tempos que sentar a falar para que iso poida ser posible, non pode haber traballadores de primeira e de segunda".

Noticias web

28/01/2020