CRTVG

Buscar

Vantaxe do PSOE na maioría das comunidades autónomas, incluídas algunhas en que goberna o PP, como Madrid e Castela e León

Publicado o 09/05/2019 14:42
Vantaxe do PSOE na maioría das comunidades autónomas, incluídas algunhas en que goberna o PP, como Madrid e Castela e León

O PSOE sería a forza máis votada na maioría das comunidades autónomas, incluídas algunhas en que goberna o PP, como Madrid e Castela e León.

Así o recolle o barómetro preelectoral do CIS realizado entre os días 21 de marzo e 23 de abril, segundo o cal o PSOE gañaría en todas as comunidades salvo en Navarra e Cantabria. En Navarra, onde a vitoria ería para Navarra Suma (a coalición de PP, Cs e UPN) por diante de Geroa Bai, que agora lidera o goberno. En Cantabria a vitoria nas eleccións autonómicas sería para o Partido Rexionalista de Miguel Ángel Revilla, que  conservaría o liderado. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí