CRTVG

Buscar

Asaltan e provocan destrozos en dúas igrexas e un local social de Melide

Publicado o 03/12/2019 13:19

En Melide, uns descoñecidos asaltaron dúas igrexas e un local social. Foi a noite do domingo ao luns. Na igrexa da parroquia de Campos estragaron unha porta lateral para acceder ao interior. O crego botou en falta unha casula sacerdotal e un libro. Os vándalos tiraron polo chan as hostias.

Nun local social próximo á igrexa romperon os cristais dunha ventá. Noutra capela situada na zona urbana de Melide prenderon cirios e luces e romperon un micrófono, pero parece que non roubaron nada. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019